Avanzan as obras da nova gardería de Muxía


A concelleira de Educación e Cultura, Olalla Benlloch, e o alcalde de Muxía, Iago Toba, visitaron o avance das obras da nova gardería da vila, que será unha realidade e que avanza a bo ritmo.

Dita intervención, costeada no seu 100% con fondos propios do Concello de Muxía, cumprirá unha das grandes promesas do actual equipo goberno e dará luz a unha demanda histórica da veciñanza.

“Tras moitas lexislaturas de promesas, este goberno local cumprirá co seu cometido de ofrecerlle aos nenos e nenas de Muxía dunha gardería á altura das necesidades da nosa vila”, destacou Benlloch.

Unha nova gardería completa e moderna

As obras levarán a cabo una remodelación total dun dos espazos do edificio da Camposa, para que a nova escola infantil conte con entrada independente e zonas propias no interior e no exterior.

A futura gardería contará con novos elementos, máis servizos e espazos e medios a disposición dos máis pequenos.

Tras a visita o alcalde destacou que “foron moitos os gobernos que o prometeron pero foi este equipo de 3 persoas o que loitou e fixo posible que o que estamos a ver hoxe sexa unha realidade, aínda tendo todo o vento en contra”, concluíu.