Avanzan as obras de saneamento no lugar de Vella Morta, Carballo

Cedida

  • Vázquez y Reino tamén está acometendo a construción dunha senda ciclo peonil complementaria ao carril bici da Avda. Razo

Este martes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ata o lugar de Vella Morta, na estrada de Razo, para interesarse polo avance das obras de dous proxectos que permitirán mellorar os servizos urbanísticos da zona ademais da mobilidade. Ambos proxectos están sendo executados pola empresa Vázquez y Reino.

Unha das intervencións é a ampliación das redes de saneamento e abastecemento, incluída no POS+2019 cun orzamento de 125.400 euros. Esta actuación permitirá dotar de saneamento ás vivendas situadas na estrada Carballo-Razo e renovar un treito que está moi deteriorado.

O outro proxecto é o relativo á construción da senda ciclo peonil de regreso complementaria ao carril bici Avda. Razo (DP-1902) por 460.563,45 euros.