- O Goberno local decidiu destinar parte dos fondos municipais á reparación das vías afectadas polos temporais
Aproveitando a chegada do bo tempo, o Concello de Zas puxo en marcha estes días o Plan de Mellora de Estradas Municipais que «chegará ás 16 parroquias que forman o noso municipio», destacan desde o Goberno local. As empresas adxudicatarias están realizando obras de asfaltado en máis de trinta quilómetros de rede viaria municipal.
«Manter en bo estado unha rede de comunicación tan extensa é todo un reto para un municipio con menos de 5.000 habitantes», afirmou o rexedor, Manuel Muíño. A isto súmanselle as consecuencias dos fortes temporais que se producen no inverno, polo que desde a Administración local acordaron «destinar unha parte dos recursos económicos municipais a reparar as vías máis afectadas que necesitaban dunha actuación urxente».