Avanzan as obras de construción da ponte sobre o río Pedrouzo, en Tordoia

Foto.- Cedida.

Trátase das obras de construción da nova ponte sobre o río Pedrouzo, no PK 3+000 da estrada provincial DP 8401 da Tablilla a Agro do Mestre por Pontepedra, no termo municipal de Tordoia. As obras supoñen un investimento de 470.381 euros aportados pola Deputación da Coruña, aos que hai que sumar os 50.000 destinados ás expropiacións necesarias para levar a cabo os traballos.

Tras a limpeza da zona e as excavacións, estes días comezaron os traballos de desvío temporal da canle, o que permitirá realizar as obras cunha afección mínima sobre o tráfico, sen desvíos provisionais na DP 8401. A nova ponte contará cun marco de formigón armado de dimensións 6x 3,50 metros, que será enterrada 0,50 metros no terreo, seguindo as indicacións técnicas de Augas de Galicia. O marco rematará en aletas que soportarán as terras do terraplén para minimizar as perdas hidráulicas.

Así, ademais dunha maior capacidade de desaugamento, a ponte contará cunha plataforma de 10,5 metros de ancho, integrada por dous carrís de circulación de 3,50 metros de ancho, beiravías laterais de 1 metro e bermas de 0,75 metros con defensas e medidas para mellorar a integración paisaxística da estrutura. O novo firme estará composto por unha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente e rego para mellorar a adherencia dos vehículos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha