Avanzan as obras de mellora da accesibilidade en varios barrios de Carballo

Concello de Carballo

  • Este mércores materializarase a solicitude da veciñanza da rúa Santa Eufemia para a implantación da dirección única

As obras encamiñadas a mellorar a accesibilidade nos barrios urbanos de Carballo avanzan a bo ritmo. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Marcos Trigo achegáronse ata a rúa Río Miño aproveitando a execución dos traballos que se están a desenvolver nese ámbito por parte da empresa Vázquez y Reino, cun orzamento de 153.065 euros.

O obxectivo é seguir actuando na mellora da mobilidade de toda a poboación, eliminando barreiras, sobre todo, nas rutas escolares, de aí que dentro deste mesmo proxecto xa se actuase nos camiños escolares do CEIP A Cristina, como xa se fixera previamente nas do CEIP Fogar e o CEIP Bergantiños. A intervención prevista na rúa Vázquez de Parga queda pendente xa que se acometerá dentro do proxecto Cicl-Ando.

Nestes momentos está en fase de contratación un novo proxecto de mellora da accesibilidade nas seguintes rúas: Avenida da Cristina, Avenida Ponte da Pedra, Avenida de Bergantiños, Doutor Fleming, Moreiras, Gardenias, Vicente Risco, Avenida de Fisterra, Avenida da Milagrosa, Río Tambre, Río Xallas, Mahón e Río Sil. As obras consistirán, segundo os casos, na ampliación das beirarrúas, na creación de vaos de tres pendentes ou elevados, cun orzamento de 216.519 euros.

Dirección única na rúa Santa Eufemia
Despois do cambio de dirección vixente dende a semana pasada na rúa Estrela, para este mércores está previsto materializar, á petición da veciñanza da rúa Santa Eufemia, a implantación da dirección única de saída cara A Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha