Avanzan as obras de rehabilitación do local social da parroquia cabanesa do Esto

1 minutes read

A actuación, para que poida ser empregado pola veciñanza da parroquia para a realización de diferentes actividades, está valorada en case 50.000 euros, dos cales máis da metade proceden dunha axuda concedida no mes de maio pola entón Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes. Permitirá o acondicionamento dun inmoble que na actualidade non presenta as condicións máis óptimas para o desenvolvemento das actividades que alberga.

Os traballos que se están a executar no lugar consisten na reforma de acabados; pavimentos; revestimentos e carpinterías, e instalacións, tanto a fontanería como a fotovoltaica, conservando a distribución existente na actualidade na súa totalidade, para finalmente cubrir con tella do país a cuberta do edificio, a cal na actualidade é de placas de fibrocemento.

Logo do remate dos mesmos, un total de 77 persoas farán emprego das instalacións para participar no programa de actividades nas parroquias que organiza o Concello de Cabana. Polo tanto, a finalidade destes traballos e mellorar as condicións de comodidade para a veciñanza e reducir o consumo eléctrico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?