Avanzan as obras en Castrillón – Lema

Rematadas as obras de aglomerado da estrada da Vixía ao Igrexario de Lema e do campo da festa, que se completou coa pavimentación en cemento de varias rúas interiores, as máquinas continúan a traballar na parroquia para acometer outros dous importantes proxectos: a reforma integral do centro social de Lema, que acaba de empezar, e a mellora viaria do núcleo de Castrillón.

Castrillón é un asentamento tradicional xurdido en torno á capela de Santa Irene e cuxas edificacións manteñen en grande medida a referencia tipolóxica orixinaria. Ademais, serve de miradoiro natural desde o que se divisa gran parte do termo municipal e acolle elementos patrimoniais protexidos, tanto de carácter arqueolóxico, coma o castro de Santa Irene, coma arquitectónico, como a capela, o cruceiro e un hórreo. Por estes valores arquitectónicos, paisaxísticos e medioambientais, o núcleo no seu conxunto está protexido no PXOM. A intervención prevista, en consecuencia, terá en conta todos eses elementos de interese e seguirá as pautas da Xunta de Galicia para este tipo de núcleos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha