Avanzan as obras na AC-231, no treito coincidente co Camiño do norte, en Sobrado


Esta intervención, que comezou a semana pasada e supón un investimento de preto de 215.000 euros, céntranse na execución dunha senda de algo máis de 1,5 quilómetros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 14+065 e 15+615.

O novo itinerario disporá de 2 metros de ancho, con chan seleccionado estabilizado pola marxe dereita da estrada e con gabia pola beira.

A actuación enmárcase nas 39 intervencións de mellora da seguridade viaria que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai executar este ano en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, cun orzamento de preto de 1,8 millóns de euros.

A encomenda deste ano levarase a cabo nos distintos camiños e trazados da ruta xacobea en tres provincias galegas. Na provincia da Coruña están programadas un total de 11 actuacións; na de Lugo, 23; e na de Ourense, 5.