Avances na conservación e fomento da raza autóctona Porco Celta

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse cos representantes da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel). O encontro serviu para avanzar na colaboración entre a Consellería do Medio Rural e esta entidade a prol da conservación, recuperación e fomento desta raza gandeira autóctona de Galicia.

Neste sentido, cómpre lembrar que Medio Rural convoca anualmente axudas destinadas aos criadores destas razas, que contan este ano cun orzamento total de 220.000 euros. Poden beneficiarse destas achegas as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas recoñecidas oficialmente pola Comunidade Autónoma para a xestión do libro xenealóxico no marco do Programa de cría da raza correspondente, como é o caso de Asoporcel para o Porco Celta.

Related posts

AFAGA entrega os premios do seu XI Certame Literario de Relato Curto ‘Nun Recuncho da Memoria’ 2025

O envorco dun coche en Cerceda deixou unha persoa falecida | Tamén falece outra que caeu por un terraplén na Veiga

Un autobús atropelou a catro persoas cando manobraba nas proximidades dunha discoteca en Pontecesures