Avanzan os traballos do obradoiro dual de emprego en Muxía, Camariñas e Vimianzo

Concello de Muxía

  • Desenvolvéronse labores de mellora e limpeza en Viseo e Quintáns (Muxía), no Barrio de Corea (Camariñas) ou no polígono empresarial de Vimianzo, entre outros

Continúan as labores de formación nos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo grazas ao obradoiro dual de emprego Construíndo futuro. Neste programa participan 20 alumnos-traballadores das tres localidades que ao remate recibirán certificados de profesionalidade nas modalidades de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Pavimentos e albanelería de urbanización.

Entre os traballos realizados atópanse o novo miradoiro do Barrio de Corea, o acondicionamento dunha zona axardinada na praza da Insuela ou a limpeza da praia de Area da Vila, en Camariñas; actuacións na escola de Subeiro, no ximnasio municipal ou no parque empresarial de Vimianzo; e melloras en espazos públicos de lugares como Viseo, Caberta e Quintáns, no concello de Muxía.

Este obradoiro conta cunha subvención de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade e rematará o próximo 28 de xuño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha