Vieiro oferta «Xogo limpo», o programa de prevención de adicións no deporte

Imagen de una edición anterior del programa de prevención deportiva de Vieiro_Cedida

  • É unha iniciativa dirixida aos responsables dos clubs deportivos

A asociación antidroga Vieiro, dentro da súa programación de prevención no ámbito xuvenil, ofertou o programa de prevención deportiva “Xogo limpo». Trátase dunha iniciativa dirixida aos clubs deportivos na que se abordan as condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancias e o uso das novas tecnoloxías.

Debido á actual situación sanitaria, este ano tamén se oferta o programa na modalidade online. «Xogo limpo» está planificado para realizar durante varias xornadas diferentes sesións formativas para os/as responsables dos clubs deportivos sobre pautas de actuación ante a detección de condutas aditivas, e obradoiros destinados e adaptados aos xogadores/as das diferentes categorías.

Aqueles clubs interesados en participar neste programa, totalmente gratuíto, poden contactar coa asociacións a través do teléfono 981756161 ou do correo electrónico vieiro@vieiro.org.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha