44
Ademais agárdase unha noite de moita auga no oeste de Coruña e Pontevedra, con outro aviso amarelo por acumulación de chuvias. E todo acompañado de temperaturas altas, de día e de noite. A previsión, tan revolta, sorprendeu a moitos esta mañá de calma e ceos despexados. Pero nun verán tan inestable todo cambia en cuestión de minutos. O luns a situación irá cambiando coa chegada dun anticiclón. Mentres, agárdanos unha fin de semana de trebóns e calor pegañenta.