Aviso amarelo por abundantes choivas e fortes ventos

1 minutes read

Meteogalicia activou para este domingo 26 de decembro senllos avisos de nivel amarelo por abundantes choivas e fortes ventos, tanto na costa coma no interior da comunidade.

Está previsto que caian precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas no interior da provincia de Pontevedra. Tamén no oeste e suroeste da provincia da Coruña.  

En canto aos ventos, o aviso amarelo estará vixente a partir das 18:00 horas e prolongarase durante toda a xornada do luns, cando se pode agravar e chegar ao nivel laranxa.

Meteogalicia prevé refachos de máis de 80 quilómetros por hora na Mariña, no noroeste da Coruña e nas montañas de Lugo e Ourense; e ventos no mar que alcanzarán o nivel de forza 7, con algún intervalo de 8, na costa coruñesa e pontevedresa.