O aviso laranxa esténdese este domingo a todo o litoral galego. Ademais das ondas haberá ventos fortes, con todo isto no mar, en terra os refachos deixaranse sentir en toda Galicia.
A Comunidade estará baixo a influencia dunha profunda borrasca que deixará ventos de ata 100 quilómetros por hora na Mariña lucense e refachos que poderán chegar aos 80 quilómetros por hora no interior do territorio. Son os efectos da superborrasca Dennis.
Amplíase tamén a alerta laranxa polo mar combinado do oeste-noroeste con ondas que poderán acadar os 6 metros de altura dende primeira hora dá mañá e os 8 ao longo da xornada.
Cabe extremar as precaucións e afástense da liña de costa.