Avisos en toda Galicia por vento, chuvia e risco de rebordamento nalgún río

termas da Chavasqueira ourense
Termas da Chavasqueira, Ourense

As chuvias tamén provocaron o rebordamento de varios ríos. Agora mesmo preocupa o aumento do caudal do Lérez, en Pontevedra, onde xa se activou o protocolo por risco de inundacións.

As autoridades insisten na necesidade de extremar as precaucións para evitar riscos, abandonar as actividades que se realicen nas contornas dos espazos fluviais, retirar os vehículos da marxe dos ríos e evitar atravesar pontes e torrentes.

Pontevedra pasou nun mes dunha prealerta por seca a outra por risco de rebordamento do río Lérez. Malia aos chamados a extremar as precaucións, a Boa Vila segue co seu ritmo cotián. Só ás marxes do Lérez amosan a altura que acadou o río á hora da preamar.

Chuvia especialmente xenerosa na provincia de Ourense, con varias localidades en que se rexistraron mais de corenta litros por metro cadrado.

Mantense o aviso amarelo, igual ca en Pontevedra e mesmo as termas da Chavasqueira, reabertas hai un mes despois de case tres anos pechadas, están asolagadas tras as fortes precipitacións.