Axenda fin de semana Xiria balonmán


O Calvo Xiria desprázase este próximo Sábado á Cañiza para disputar un complicado encontro ante o Saeplast, un rival dos que máis creceu nas últimas tempadas e que na actual está a mostrarse como un conxunto capaz de tutear aos mellores da categoría. O encontro disputarase no Municipal da Cañiza as 18:00H do sábado.
 O Goldie Xiria viaxa ata Vigo para enfretarse ao A.D. Carballal, no pavillón Do Loureiro ás 16:30. Se manteñen as cifras goleadoras dos últimos partidos teñen altas probabilidades de facerse coa vitoria, nunha xornada na que descansa o líder da categoría, o Bm Moaña.
 Na División De Honra de base, o Laber Xiria xuvenil visitará o Municipal de Porriño o Sábado as 12:45.
Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria enfróntanse ao Rasoeiro Tecfrisa no Novo Monte Dá Vila, no Grove. Fano o sábado ás 18:00. Un horario pouco habitual para o conxunto carballés que espera manter a boa liña defensiva, nun partido que se lle pode complicar de non impoñer un ritmo alto de xogo.
 Tamén viaxa a Porriño o Garaysa Xiria infantil, que tentará voltar a sumar dous puntos ante un rival que pode ser asequible en caso de que os de Carballo completen un bo encontro.
 As infantis femininas do Punta Del Este Xiria, viaxan o Sábado a Vigo para medirse as 11:30 no pavillón de Navia a o conxunto olívico Galicia Social Glaserco. É un encontro asequible para as bergantiñáns que tentarán facelo moi ben e deste xeito traer os dous puntos para Carballo.
 Na segunda cadete feminina, o Hierros Varela Urbieta xogará un complicado derbi o Sábado as 10:30 no pavillón de Galán, en Arteixo. Será un encontró disputado entre dous conxuntos que aspiran a estar o máis arriba posible.
 Tamén en segunda, pero desta volta en categoría infantil masculina, o Marmolería J. Rey, actuará como local co BM Ribadosar.es o Sábado as 12:00h no Vila De Noia.
 Os alevíns do Metalúrgica BB desprázanse a Culleredo (Pavillón de Almeiras), para enfrontarse ao BM Culleredo O Tarrío o Sábado as 13:00h. Será un enfrontamento vistoso entre o segundo e terceiro clasificados, inda que os Coruñeses, situados por diante dos de Carballo, teñen un partido menos.
 Por último, os prebenxamíns gozarán dunha xornada máis de partidos o Sábado pola mañán, neste caso no pavillón O Areal en Camariñas.