43
Foi un proxecto desenvolto e dirixido ao alumnado dos colexios CPI Alcalde Xosé Pichel e o CEIP de Bormoio- Agualada. Neste último os rapaces actuaron como axentes dinamizadores do cambio e sensibilizaronse ante a resolución das desigualdades de xénero. Deseñaron unha axenda de uso persoal que utilizarán durante todo o ano con contido comprometido coas oportunidades de homes e mulleres e contra a violencia de xénero. Na entrega das axendas participaron a Concelleira de Cultura Clarisa Couto e o Concelleiro de Obras, Enrique Tasende.