Axentes forestais galegos concéntranse en apoio ás vítimas de Lobios

0 minutes read

Concentración silenciosa dos axentes forestais en Lugo para manifestar deste xeito as súas condolencias ás vítimas do accidente do hidroavión de Lobios. Portaban carteis cun lazo negro. Querían amosarlle así o seu apoio tanto á famila do piloto falecido como ao outro ocupante que quedou ferido de gravidade. Os axentes forestais, que levan 8 días en folga, quixeron deixar nun segundo plano as reivindicacións laborais de mais persoal para aliviar a carga de traballo e apoiar aos seus compañeiros que están arriscando a súa vida na loita contra os lumes.