Axober e a Agrupación Deportiva “Un Paso Máis” colaborarán na promoción de iniciativas sociais e inclusivas

A Asociación de Empresarios de Carballo – Axober – e a Agrupación Deportiva “Un Paso Máis” asinaron este xoves un convenio de colaboración co obxectivo de desenvolver conxuntamente iniciativas de interese social e centradas na inclusión e
na equidade.
Diego Iglesias, Presidente de Axober; e Vanesa Martínez, Presidenta de “Un Paso Máis”, asinaron o convenio nun acto no que tamén estiveron presentes Lucía Graña, Vogal de Axober e Valentín Costa, Vogal da entidade deportiva.
O convenio establece un marco de cooperación entre as dúas entidades que permitirá sumar esforzos na difusión de actividades de interese xeral, así como na promoción de valores sociais a través do deporte e a participación comunitaria.
Con este convenio, Axober manifesta a súa vontade de promover iniciativas que poidan xerar fondos para a Agrupación Deportiva “Un Paso Máis”, entidade sen ánimo de lucro que traballa no ámbito social cun enfoque integrador e inclusivo. Pola súa banda, a entidade deportiva comprométese a darlle visibilidade á participación de Axober nas súas actividades, recoñecéndoa como unha entidade colaboradora.

Related posts

Dous proxectos sitúan a Carballo na vangarda da arquitectura ibérica

A Laracha renderá homenaxe aos seus maiores o 16 de maio

UCIN Galicia alerta do desplome demográfico na Costa da Morte