Axober ofrece datos de Berocasión | Pechou cun balance histórico, un referente do sector en Galicia

En tres días formalizáronse 114 operacións de venda, un 60 % máis ca no ano 2024. O parque de vehículos expostos incrementouse tamén de maneira notable: dos 370 coches do ano pasado pasouse a preto de 500 nesta edición.

O espazo feiral ampliouse, incorporando a zona da Biblioteca Rego da Balsa, o que permitiu mellorar a capacidade expositiva e dar resposta ao crecemento de participación. Neste sentido, 18 concesionarios estiveron presentes, fronte aos 13 do ano anterior, marcando un novo máximo histórico de expositores.

O prezo medio dos vehículos vendidos situouse arredor dos 18.000 euros, o que se traduce nun volume de facturación superior aos 2 millóns de euros. Este resultado acadouse en apenas tres xornadas e con parte das operacións realizadas con compradores de fóra da provincia, evidenciando o peso crecente da feira no mercado galego.

O balance global confirma que, malia á choiva que acompañou parte da fin de semana, Berocasión 2025 foi a edición máis exitosa da súa traxectoria recente, tanto en vendas como en participación, e reforza o papel de Carballo como zona estratéxica para o comercio do automóbil.

Related posts

O PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día de Buño continúa pechado tras tres anos cas obras rematadas

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño