Axober ofrece unha xornada online sobre prevención de riscos ante a COVID-19


A sesión celebrase este mércores 3 de xuño a partir das 20:00 horas, e para facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas será retransmitida en directo a través das canles de YouTube e das páxinas de Facebook de Axober e do Concello de Carballo, que colabora na iniciativa.

Para abordar a xornada dende distintos puntos de vista contarase coa participación de Gonzalo García Pazos, técnico de Bergantiños Solucións Laborais; Rafael Suárez Méndez, presidente de ASINEC (Asociación Provincial de Electricistas); José Manuel Blanco Montero, técnico superior en prevención de riscos laborais de APECCO (Asociación Provincial de Empresarios da Construción), e Maday Teresita Capote Mira, médico de familia na Clínica Carballo.

Durante a retransmisión poderán realizarse preguntas a través das redes sociais, pero as persoas que o prefiran poden enviar as súas consultas con antelación ao enderezo electrónico informacion@axober.org.