O vindeiro 10 de abril, o Complexo La Base de Carballo acolle a xornada empresarial “Portugal: oportunidades para empresas galegas”. Este é un evento organizado pola Asociación de Empresarios de Bergantiños – AXOBER – e que está dirixido tanto aos seus socios como a todas aquelas empresas interesadas en ampliar a súa actividade no país veciño.
A xornada será en horario de 10:30 a 15:30 horas onde se ofrecerá, coa participación de diferentes expertos, unha visión práctica sobre os principais aspectos que deben de ter as empresas no seu proceso de expansión a Portugal.
Ao longo da mañá, expertos en fiscalidade, dereito, banca e consultoría falarán sobre cuestións clave como a creación de empresas, a planificación fiscal, os trámites legais, a operativa financeira transfronteiriza ou as oportunidades de inversión e axudas dispoñibles no mercado portugués.
O programa tamén inclúe dos bloques centrados, por unha parte, na estructura e posta en marcha de empresas en Portugal e, por outra, na xestión do risco, os incentivos fiscais e o sistema empresarial portugués. Na xornada participarán profesionais especializados e representantes de diferentes empresas. Tamén haberá un espazo final de networking para fomentar a colaboración entre empresas galegas e portuguesas.
Máis información e inscrición
As inscricións xa están abertas e poden formalizarse a través da web axober.org. O custo é de 60€, importe que inclúe tanto a asistencia á xornada como o xantar e o espazo de networking.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 665 43 94 32 ou no correo electrónico info@axober.org