Por primeira vez na historia, este venres reuníronse todos os presidentes de AXOBER – Asociación de Empresarios de Bergantiños – desde a súa fundación no ano 1992 ata a actualidade.
O acto, organizado pola actual directiva presidida por Diego Iglesias, celebrouse no Parque San Martiño de Carballo, onde o presidente fixo entrega a cada asistente dun pequeno detalle conmemorativo. A continuación, os participantes desfrutaron dun xantar, que serviu tamén como homenaxe ao labor desenvolvido polas distintas xuntas directivas ao longo de máis de tres décadas de traxectoria da entidade. O encontro foi, ademais, unha oportunidade para poñer en valor a evolución do tecido empresarial da comarca de Bergantiños.
Actualmente Diego Iglesias Martínez preside a entidade que conta con arredor de 200 socios e socias pertencentes a toda a comarca de Bergantiños consolidándose como unha das asociacións empresariais de referencia.
Máis de 30 anos de historia
Dende a súa constitución, o 28 de setembro de 1992 en Carballo, AXOBER traballou de forma activa na dinamización económica, no apoio ao emprendemento e na creación de redes empresariais.
Esta é a relación de presidentes de AXOBER ao longo da súa historia:
- Pedro González Vieites (1992–1993)
- Rogelio Antelo Veiga (1993–1997)
- Manuel Pensado Suárez (1997–2001)
- José Fernández Añón (2001–2004)
- Ramón Antelo Veiga (2004–2007)
- José Figueiras Garrido (2007–2011)
- Isidro Varela Bardanca (2011–2024)
- Diego Iglesias Martínez (2024–actualidade)
Un dos indicadores de AXOBER é o seu número de socios. A finais dos anos 90 a entidade tiña case 280 asociados, mentras que no 2011 rexistráronse un total de 255 socios. A entidade pasou do 2024 á actualidade do 80 aos máis de 200 socios pertencentes a 14 sectores diferentes implantados na nosa comarca.
Iniciativas máis destacada
Ao longo dos máis de 30 anos de traxectoria, dende AXOBER impulsáronse iniciativas relevantes para o desenvolvemento económico e social de Carballo e da súa contorna:
- Creación do Centro Comercial Aberto (CCA) no ano 2002; unha iniciativa promovida por
AXOBER coa finalidade de dinamizar o comercio local. - Festa do Pan de Carballo. Un evento de promoción gastronómica e comercial que se realizou
durante cinco edicións (do 1998 ao 2002). - Carballo por etapas. Unha iniciativa de dinamización económica e promoción do territorio
celebrada durante 7 edicións (entre o 2013 e o 2019). - Berocasión; feira de vehículos de ocasión que neste 2026 acadará a súa 21ª edición.
- Construíndo O Futuro, un programa formativo que se celebrou no 2025 e no 2026 co que se
pretende conectar o mundo educativo co empresarial co fin de achegar ao estudantado ás
empresas locais e fixar así poboación. - Impúlsase a implantación da FP Dual en Cociña e Restauración (2025), unha iniciativa que
responde de maneira directa ás necesidades reais do sector hostaleiro local e reforza a
conexión entre a formación e o tecido empresarial. - Reincorporación á Confederación de Empresarios da Coruña (2025) e entrada en APTCM
(2025). - Noroeste 0 Emisións. Os pasados 3, 4 e 5 de xuño celebrouse a 2ª edición deste encontro que
inclúe diferentes actividades encamiñadas cara a transición enerxética das empresas e da
sociedade en xeral.
AXOBER é unha asociación empresarial fudanda en 1992 en Carballo que naceu co obxectivo de representar, apoiar e dinamizar o tecido empresarial de Bergantiños, fomentando a colaboración entre empresas e promovendo iniciativas de desenvolvemento económico e social.
O encontro celebrado este venres en Carballo simboliza a continuidade, o compromiso e a colaboración empresarial da comarca.