Axuda millonaria de Portugal a Ucraína

1 minutes read

O primeiro ministro portugués, António Costa, reuniuse en Kiev co presidente ucraíno, Volodímir Zelenski. Costa anunciou que Portugal entregará a Ucraína unha axuda financeira de 250 millóns de euros. O dirixente portugués, dixo estar a traballar para axudar aos membros da UE máis dependentes do comustible ruso, a atopar alternativas.
Zelenski dixo que a guerra non se fará en territorio ruso, pero lembrou á comunidade internacional que Ucraína segue tendo a soberanía sobre a rexión de Donbás. Segundo fontes do Kremlin, as forzas rusas haberían destruído un depósito de combustible ucraíno no porto de Odesa, ademais dun cargamento de armas fornecidas por Occidente na rexión de Zhitómir. Na zona de Severodonetsk, as tropas terrestres rusas seguen atacando as aldeas desa rexión do óblast de Lugansk. Mentres na cidade de Borodyanka imaxes gravadas con dron mostran a destrución xeneralizada, despois de tres meses de invasión rusa. A cidade de Borodyanka, a 60 quilómetros ao leste de Kiev quedou practicamente destruída e coa imposibilidade de que os seus habitantes volvan ás súas casas.