Axudas a entidades locais e protectoras para o coidado dos animais domésticos abandonados


A Xunta de Galicia concedeu máis de 430.000 euros en axudas a entidades locais e asociacións protectoras de animais para apoialas no coidado, atención e manutención dos animais domésticos abandonados que teñen ao seu cargo. Estas axudas foron a parar a unha vintena de entidades -inscritas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía-, que poden ser destinados, ademais de as cuestións anteriores, á compra de material non funxible. O obxectivo é dotar aos centros que xestionan dos medios necesarios para o desenvolvemento do seu labor, entre os que se inclúe, como novidade, a adquisición de remolques para facilitar o transporte dos animais, software específico e dispositivos electrónicos para mellorar a xestión do centro ou equipamento veterinario.