O Concello da Coruña prepara un novo plan de apoio ás salas de concertos, financiado polo Consorcio de Turismo e impulsado pola área de Cultura que dirixe a alcaldesa, Inés Rey. Deste xeito, apoiaranse estes espazos de música ao vivo mediante contratos de patrocinio individuais con cada un deles e cos que se sufragará a realización de concertos e eventos nesta recta final de ano. A intención é que este tipo de negocios, especialmente afectados pola crise sanitaria, poidan terminar 2.020 cun balón de osíxeno co que compensaren as grandes perdas económicas que sufriron derivadas da pandemia. Canto ao procedemento, os locais estarán amparados por contratos de patrocinio, que estarán asinados desde o Consorcio de Turismo.