Axudas de ata 10.000 euros aos tecores para garantir o equilibrio dos hábitats cinexéticos

Estas axudas están dirixidas aos titulares de terreos cinexéticamente ordenados (tecor) de Galicia, que poderán acceder a incentivos de ata 10.000 euros para levar a cabo actuacións que garantan o equilibrio destes hábitats. O Diario Oficial de Galicia publicou a Orde, que recolle un orzamento global de 200.000 euros.

Esta liña de incentivos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tamén está dirixida ás agrupacións de tecores -que carecendo de personalidade xurídica- presenten unha solicitude conxunta, para realizar actuacións de mellora de hábitats cinexéticos mediante a roza e trituración mecánica do mato, gradadura, a emenda e/ou fertilización e sementeira de cereal e/ou leguminosas -liña á que se destina un orzamento global de 125.000 euros-. A segunda liña de actuacións é a construción de tobeiras artificiais en terreos cinexéticamente ordenados, sempre e cando non afecten a hábitats prioritarios -a orde fixa un investimento total de 75.000 euros-.

A axuda poderá acadar o 100% da actuación subvencionable, pero fíxase un máximo de 10.000 euros para as actuacións de roza e trituración e de 6.000, no caso de construción de tobeiras. En canto ás solicitudes, o prazo de presentación xa está aberto -ata o 4 de marzo- e será obrigatorio presentalas de xeito telemático.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha