Axudas do Plan de Recuperación para garantir o acceso á banda ancha no rural

A convocatoria de axudas busca garantir ao 100% da poboación e en todo o territorio nacional a conectividade de banda ancha de polo menos 100 Mbps en sentido descendente co fin de pechar a fenda dixital nas zonas rurais, de baixa densidade de poboación, dispersas e remotas. As bases que regulan as axudas UNICO Demanda Rural publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE), especifican que este programa diríxese ademais a garantir que esa conectividade de 100 Mbps o sexa a unhas tarifas alcanzables, para que os habitantes destas zonas poidan contratar servizos de banda ancha a 35 euros ao mes. O programa contempla tamén a subvención do 100% dos custos asociados ao alta desas subscricións ata un máximo de 600 euros por cliente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha