Axudas para contratar vítimas da violencia de xénero polos concellos ata o 2 de maio

1 minutes read

A liña de axudas publicada no Diario Oficial de Galicia financia a contratación das mulleres vítimas por parte dos entes locais ou agrupacións de municipios, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social. De resultar beneficiarios, recibirán a contía necesaria para sufragar as retribucións salariais brutas totais ata un máximo de 12 mensualidades.

As destinatarias finais dos apoios son mulleres que sofren violencia de xénero, incluídas as que padecen violencia vicaria ou trata con fins de explotación sexual. Para poder acceder aos contratos, no seu caso, deberán constar inscritas como demandantes de emprego ou ter solicitada mellora de emprego no Servizo de Emprego de Galicia.

Con estes apoios acompáñase ás mulleres no seu proceso de recuperación, para dotalas dunha maior autonomía a través da promoción da súa independencia e liderado, e capacitándoas para unha posterior inserción laboral no mercado ordinario. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?