Ayuso proclamada presidenta do PP de Madrid


Isabel Díaz Ayuso, foi elixida presidenta do PP de Madrid co 99,12% dos votos dos compromisarios nun congreso rexional no que renovou a súa cúpula sen ‘casadistas’ e ofreceu ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, o Partido Popular madrileño como o seu “equipo electoral” e “a súa casa” para as próximas eleccións xerais. Ayuso agradeceu ao dirixente galego a súa “confianza” nos ‘populares’ madrileños sen “tutelas” e reivindicou ante os asistentes: “Somos o partido do pobo, rueiro e pandillero”, o das “prazas, terrazas, comercios, estadios ou empresas”. A presidenta madrileña lembrou que o PP de Madrid é o equipo por cuxa circunscrición se presentará Feijóo para ser presidente do Goberno. “Somos por tanto, o seu equipo electoral. A súa casa”, subliñou.