Isabel Díaz Ayuso, foi elixida presidenta do PP de Madrid co 99,12% dos votos dos compromisarios nun congreso rexional no que renovou a súa cúpula sen ‘casadistas’ e ofreceu ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, o Partido Popular madrileño como o seu «equipo electoral» e «a súa casa» para as próximas eleccións xerais. Ayuso agradeceu ao dirixente galego a súa «confianza» nos ‘populares’ madrileños sen «tutelas» e reivindicou ante os asistentes: «Somos o partido do pobo, rueiro e pandillero», o das «prazas, terrazas, comercios, estadios ou empresas». A presidenta madrileña lembrou que o PP de Madrid é o equipo por cuxa circunscrición se presentará Feijóo para ser presidente do Goberno. «Somos por tanto, o seu equipo electoral. A súa casa», subliñou.
38