A escritora Ledicia Costas inaugurou no IES de Baio o Club de Lectura de Adultos Baiolendo

Este luns 29 de setembro inaugurouse o Club de Lectura de Adultos no IES Maximino Romero de Lema de Baio.  Este é xa o cuarto ano no que se xuntan unha vez ao mes, os luns de 15:30 a 16:30 horas na Biblioteca do Centro, e durante estes minutos fan unha paréntese nas preocupacións e a rutina cotiás para dar paso á imaxinación, á tertulia e ás reflexións arredor dun libro.

Nesta ocasión, a autora protagonista da xuntanza foi Ledicia Costas, coa súa obra Pel de cordeiro.  Neste libro, a gran Ledicia Costas introdúcenos no mundo do esoterismo e da bruxería para achegarnos unhas historias de loita, supervivencia e reivindicación da identidade persoal de dúas mulleres, ao tempo que nos facilita observar e coñecer mellor o mundo no que vivimos, e as nosas tradicións e crenzas máis ocultas, ou se cadra non tanto…

Un libro ambientado en escenarios e paisaxes reais e inspirado en persoas e feitos que existiron e se produciron moitos deles na vida real, e que, despois dun gran traballo de documentación, explicado e detallado na xuntanza deste luns, convértese nun libro radical, hiperbólico, fatalista e moi constelación literaria, unha novela que para a autora a súa presentación “está sendo morte e resurrección, tanto no plano literario no que sucede como no momento persoal que está vivindo”.

Desde o IES agradecen a Ledicia, por facer un oco na súa axenda e compartir con eles esta bonita tarde entre flores, velas, palabras, maxia … e meigas!!.

Related posts

Trump logra a aceptación de Netanyahu ao seu plan de paz para Gaza

Os restos mortais do artista coruñés Francisco Miguel, asasinado polo franquismo, xa descansan en San Amaro

Un xuíz imputa a Bartomeu, por pago de comisións en fichaxes, tras unha denuncia de Laporta