Baio estreou con gran éxito a nova localización da súa feira

Concello de Zas.

Este domingo celebrouse a tradicional feira de Baio, primeira do ano e primeira na nova ubicación. A resposta non puido ser mellor, houbo unha gran afluencia de xente de toda a contorna que se achegou ata a nova praza e que ademais aproveitou a ocasión para mercar nos comercios locais e repoñer forzas nos diferentes establecementos hostaleiros.

A nova infraestructura pública, onde se celebrou a feira, ocupa un espazo de case 6.000m2 e está situada en pleno casco urbano de Baio ao carón do paseo fluvial. Foi deseñada seguindo as tendencias urbanísticas actuais: 100% accesible, diáfana e sostible. O Concello de Zas investiu algo máis de 300.000 euros neste proxecto financiados con fondos propios municipais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha