Baio | Feirauto prepara a súa «Semana Tola» na que haberá descontos especiais en todos os coches en stock

1 minutes read

Unha vez máis, Baio será a capital do automóbil coa celebración da 56ª edición de Feirauto que nesta ocasión preséntase baixo o lema “Semana Tola”. O evento, organizado pola Asociación do Automóbil de Baio coa colaboración de FECOM e do Concello de Zas, celebrarase do 24 ao 30 de novembro.
Durante toda a semana, os concesionarios participantes ofrecerán unha xornadas de portas abertas cun horario de apertura ampliado (de luns a sábado en horario de mañá e tarde e o domingo abrirán pola mañá). A idea é facilitar que os visitantes poidan coñecer as últimas novidades do sector a atopar aquí as mellores ofertas do momento nunha gran variedade de vehículos seminovos e de ocasión. Os concesionarios participantes son: Talleres Manuel Montes, Automóviles Celmar e Talleres J. Lema.

Promo da ‘Semana Tola’ de Feirauto.


Ademáis, todas aquelas persoas que merquen un vehículo durante a Semana Tola recibirán un agasallo directo de 200€ para gastar en combustible; unha promoción especial que se converteu nun dos grandes atractivos de Feirauto.
O evento, que xa vai pola súa 56ª edición, é unha das citas máis consolidadas da comarca no sector da automoción converténdose nun punto de encontro obrigado para todas aquelas persoas que desexen mercar un coche.