Baio acolle a presentación do “Programa de apoio ao comercio minorista 2020”


A Cámara de Comercio de A Coruña presenta o vindeiro venres, 25 de setembro no Centro Sociocultural de Baio ás 13:30 horas o seu “Programa de Apoio ao Comercio Minorista 2020”.

Esta xuntanza informativa está dirixida a comerciantes e representantes do pequeno comercio e para asistir será necesario inscribirse previamente a través do número de télefono 981 70 83 03. 

Este programa consta dun conxunto de actuacións de apoio ao pequeno comercio minorista para fomentar a innovación e mellorar a súa competitividade orientadas a:

  • Realizar unha pequena proposta de valor diferente á competencia
  • Crear unha experiencia de compra
  • Como comnicar mellor a nosa proposta de compra
  • Como mellorar a circulación na nosa tenda (Visual Merchandising)
  • Potenciar a exposición de produto creando un escenario idóneo
  • Optimizar o escaparate
  • Diseñar un calendario de campaña
  • Dinamización comercial
  • Venda online