Baixa a criminalidade en Galicia nun 65%

Policía Nacional

Entre o 14 e o 31 de marzo rexistráronse 1.220 infraccións penais, informou este xoves a Delegación do Goberno tras a publicación do Balance de Criminalidade do Ministerio do Interior. Así a actividade delituosa a descendeu un 64,9 % en Galicia na segunda quincena de marzo, tras a entrada en vigor da situación de estado de alarma para frear a pandemia de coronavirus. Galicia segue sendo a cuarta comunidade máis segura do Estado, con 29,1 infraccións penais por cada mil habitantes no acumulado dos últimos doce meses, moi por baixo da media estatal, situada en 45,8.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha