Baixa a demanda e o prezo do polbo


A campaña do polbo xa estaba complicada por mor do mal tempo, que non permitiu pescar con normalidade como se debera. Pero agora que estaban remontando eses meses de mal mar, pecha a hostalería pola emerxencia sanitaria, baixa a demanda e cae o prezo. Dende que se declarou a pandemia caeron dous euros e algo en quilo.
Esta semana en Bueu o quilo irá a oito euros de media, dous menos que hai quince días. De seguir baixando o prezo a ese ritmo, contan ter que amarrar.
Entre a rebaixa de capturas e de prezo, en Galicia o sector leva facturado cinco millóns e medio de euros menos que na campaña do ano pasado.