Baixa o paro na Unión Europea, pero España segue á cola

PIXABAY

Segundo os últimos datos de Eurostat, o paro na Unión Europea (UE) baixou ata alcanzar cifras do ano 2000, situándose no 6,7%.Na zona euro as cifras son algo peores un 7,4%, aínda que se trata do mellor dato desde a crise de 2008.

Chequia é o campión cunha taxa de paro do 2%, seguida de Alemaña (3,1%), Malta e Polonia con 3,3% e Hungría.

Os últimos da clase son Grecia, cun 17%, España (13,8%) Italia (9,5%) e Francia, e iso que en todos estes países – con gran afluencia turística- a taxa de paro diminúe no período de verán.

Cabe sinalar que en moitos dos países con mellores datos de paro os salarios son baixos e a precariedade laboral importante.

Fonte: Euronews

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha