Baixan os casos de covid nas residencias de maiores

1 minutes read

Segundo os últimos datos facilitados polo Sergas, hai 205 maiores contaxiados. En menos dun mes os positivos descenderon en 155 casos. O 17 de xaneiro había 360 usuarios infectados. Nestas últimas semanas a caída dos contaxios é aínda maior entre os profesionais destes centros, pois baixaron máis dun cincuenta por cento e sitúanse por baixo dos cen positivos. De momento os gromos que suman máis casos son os de dúas residencias DomusVi, a de Cabanas, con 53 e a de Carballo, con 18. A residencia Mi Casa de Ferrol, con 28 e a Quercus de Leiro con 11. A evolución desta terceira vaga e os efectos agardados tras a vacinación supoñen un alento para un dos principais focos desta crise sanitaria dende o comezo da pandemia, en Galicia, das máis de 2.000 mortes rexistradas, por riba de 750 foron en residencias ou en centros vinculados a elas.