Baixan os contaxios por Covid-19 en Europa

1 minutes read

España, Italia, Alemaña e Francia manteñen curvas descendentes en número de infeccións desde principios de mes. O director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus, pediu este mércores ao mundo que siga en alerta pola pandemia de COVID-19. Chamou este mércores a non confiarse pola redución de casos nalgúns dos países máis afectados en Europa: «Non se equivoquen. Temos un longo camiño por diante. Este virus estará connosco durante moito tempo. Non hai dúbida de que as ordes de quedarse na casa e outras medidas de distanciamento social lograron suprimir o contaxio en moitos países. Pero este virus segue sendo extremadamente perigoso. Isto significa que a epidemia pode volver reavivarse moi facilmente». Europa, con 1,21 millóns de infeccións dcumentadas, segue concentrando a metade dos contaxios no planeta.