Baldaio acollerá “Jumanji: seguinte nivel”, dentro das Noites de Cine


As Noites de Cine chegan a Baldaio este mércores ás 22:00 horas cunha película de acción e aventuras para toda a familia, xa que está recomendada para maiores de 7 anos. Coa colaboración da Asociación Cultural O Castro de Lema, unha proxección aberta a todo o público. En Jumanji: seguinte nivel, os xogadores volven ao xogo, pero os seus personaxes intercambiáronse entre si, o que ofrece unha curiosa formación: os mesmos heroes con distinta aparencia. Pero onde está o resto da xente?. Os participantes só teñen unha opción, xogar unha vez máis a esta perigosa partida para descubrir que é o que está pasando realmente. Película do 2019 nomeada aos mellores efectos visuais ou de animación nos Premios de Cine.