Aos asistentes que se acheguen ata a celebración na pista polideportiva de Imende non lles vai a faltar boa música e moito baile para amenizar a velada.
Repartiranse ao redor de 1.000 quilos ao vapor, en salsa ou en empanada. Desde as 12:30 horas e ata que o corpo aguante, xa que ademais de comida haberá actuacións musicais ata o atardecer.
A sesión vermú comezará sobre as 14:00 horas coa orquestra Marazul, e xa pola tarde, sobre as 21:00 horas, a Asociación Arume de Caión será a encargada da actuación do grupo de baile tradicional. Para os que aínda teñan ganas, tamén poden cear berberechos e quedar ata a verbena, tamén coa orquestra Marazul.
Promo do evento.
A cita está organizada pola ADCR Baldaio, coa colaboración do Concello, e, en previsión das traizóns do tempo, conta cunha gran carpa e aparcamento gratuíto con capacidade para aproximadamente 500 vehículos e dúas vías de acceso. Respecto dos prezos das racións, a organización explica que será similar ao de anos anteriores, pero que para saber o prezo dos berberechos haberá que esperar á última hora, porque o importe varía dependendo da oferta e da demanda e non o saberán ata o mesmo día ou o día anterior. En todo caso, tentarán axustalo a prezos populares para que ninguén quede sen probar os bivalvos.
Así que, para probar o mellor do noso mar, pasar un bo intre e botar uns bailes xa sabedes onde tedes que ir: á XXIII Festa do Berberecho de Baldaio.
