Baleato volve ao Bergantiños e Dani Pedrosa renova por unha tempada máis

O mediocentro Roberto Baleato (Val do Dubra, 1990) regresa ao equipo carballés procedente do FC Clivense que milita na 4° División italiana. Nas tres tempadas anteriores estivo na SD Compostela. Gran coñecedor do Bergantiños no que militou dúas campañas (17/18, 18/19) de forma brillante e agora volve para lograr o obxectivo.

Pedrosa tamén renova o seu compromiso co club

Dani Pedrosa, que recalou no club a pasada temporada, continuará unha tempada máis no Bergan. «Creo que estamos a facer un proxecto gañador e para min é un reto moi bonito e ilusionante devolver ao equipo a 2° RFEF» indicaba o xogador.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha