Balonmán | Forbe Reconquista – Calvo Xiria (24-29)

Partido de ida.

Partido correspondente á primeira xornada do Grupo A da Primeira Estatal de Balonmán disputado na pista central do pavillón das Travesas en Vigo, sen público e onde os carballeses xogaron con máscara durante todo o encontro. Primeiro ataque do partido para o Calvo Xiria e primeiro gol que lles poñería por diante. O Forbe Reconquista lograría empatar varias veces nos primeiros minutos; pero o Xiria aproveitando as situacións de superioridade empezaría distanciarse aos poucos ata lograr unha diferenza de 9 a 14 ao descanso. O irresistible inicio da segunda metade, por parte dos carballeses, elevaría a diferenza ata os 8 goles (13 a 21). A defensa e o contraataque foron claves; chegando a marcar goles ata 12 xogadores do persoal, moi importante a achega de todo o grupo, víronse os mellores minutos do encontro, aínda que o Forbe Reconquista de Vigo non se rendeu e recortou diferenzas; 24-29 foi o resultado final.