Baltar desbota dimitir, reitera que conducir a 217 Km/h foi un erro illado

1 minutes read

O presidente da Deputación de Ourense reiterou nun pleno da institución as súas desculpas por conducir un vehículo a 217 quilómetros hora na A-52 á altura de Zamora. Calificouno de “despiste” relacionado cun exceso de velocidade e subliñou que asume “persoalmente o erro administrativo” e que non presentou alegacións.

A preguntas dos grupos da oposición, Xosé Manuel Baltar asegura que non pensa dimitir, que viaxaba só no vehículo e que se desprazaba a Madrid por motivos de traballo. Na quenda de preguntas, varias formacións políticas pedíronlle explicacións ao presidente do PP provincial polos motivos da súa viaxe e outras cuestións relacionadas coas sancións a coches oficiais da Deputación.

Baltar explicou que viaxou solo por motivos de axenda relacionados coa “xestión ordinaria” da Deputación e que non cargou ningún gasto ou dieta ás arcas do ente provincial.
Tamén deixou claro que non pernoctou en Madrid eludindo dar máis detalles porque este aspecto pertence á súa “vida privada”, ademais de negar os pagos da peaxe da AP-6 ao “non ter usado esa vía”.

Preguntado pola axenda da súa viaxe, o político aclarou que o motivo da viaxe era participar en diversas reunións, unha coa Fundación de Democracia e Gobierno local e un acto de turismo como ponente, en calidade de presidente da agrupación de villas e localidades termais europeas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?