Baltar non descarta unha moción de censura no Concello de Ourense


O presidente da Deputación de Ourense asegura que o pacto con Democracia Ourensana segue vixente, malia a ruptura no Concello. Baltar, que tamén preside o PP na provincia, non desbota unha mociòn de censura contra Gonzalo Pérez Jácome. É un mecanismo contemplado na lei, dixo. Para o presidente provincial, Pérez Jácome está “aferrado” á alcaldía, aínda que rexeitou pronunciarse sobre posibles escenarios tras aclarar que agora hai “que esperar” a ver como se desenvolven os acontecementos nos próximos días para buscar unha solución. Preguntado pola decisión de Feijóo de enviar unha carta dirixida a todos os alcaldes, excepto ao de Ourense, Baltar apoiou esta decisión debido a que en Ourense “non hai goberno”, en alusión á situación do consistorio, onde Jácome goberna co único apoio do seu concelleiro Armando Ojea.