As bandeiras da fachada da Casa do Concello de Zas onderán a media hasta mentras non se pare o xenocidio do pobo palestino por parte do goberno de Israel. Así o decidiu o equipo de goberno local, encabezado por Manuel Muíño, co fin de darlle visibilidade á traxedia humana que se está a vivir na Franxa de Gaza que xa deixou máis de 65.000 mortes, entre elas 15.000 menores, e obrigou a desprazarse de forma forzosa a máis de dous millóns de persoas.
Con este mesmo acto simbólico, o Concello de Zas quere amosar a súa solidaridade co sufrimento do pobo palestino e exixir que o goberno de Israel cese o xenocidio e o crime de lesa hunanidade que esta a perpetrar contra o pobo palestino. O alcalde de Zas, Manuel Muiño Espasandin, manifestou que agarda que os concellos galegos, españois e europeos compartan esta medida e poñan as suas bandeiras a media hasta para que non se esquenza e sempre se lembre cada día o crime que o estado de Israel esta a cometer contra o pobo palestino.
O Concello de Zas demostra así o seu compromiso coa paz, a xustiza e a defensa dos dereitos humanos.