Baño de masas de Pedro Sánchez en Andalucía


O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, participou no seu primeiro acto de precampaña nas eleccións andaluzas, no que acompañou ao candidato socialista, Juan Espadas, nun mitin celebrado no colexio San Isidro de Torredelcampo (Xaén), Sánchez asegurou que, antes da invasión de Ucraína, o presidente ruso, Vladímir Putin, xa tratara de debilitar o proxecto europeo “apoiando cando non financiando” a partidos políticos que apostaban “por unha débil Europa e non por unha maior e máis forte Europa”. Sánchez asegurou que “os inimigos de Europa non están no Krémlin, están tamén en España” e advertiu de que “o que é un risco para Europa non pode ser unha solución para Andalucía” nas eleccións do próximo 19 de xuño.