Barcelona comparecerá na causa contra Salvini polo caso «Open Arms»

1 minutes read

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, afirmou, nunha visita ao barco de rescate Open Arms, que o Concello comparecerá como acusación particular na causa contra o exministro do Interior de Italia Matteo Salvini.
Salvini enfróntase a un xuízo por presuntos delitos de secuestro de persoas e falsificación documental, despois de negar, en agosto de 2019, a entrada ao porto de Lampedusa ao buque de rescate español Open Arms, con 163 persoas a bordo. O xuíz admitiu a trámite as acusacións de 18 partes civís que comparecen na causa, entre elas, 7 inmigrantes que viaxaban no barco. O Concello de Barcelona tiña, en 2019, un acordo coa ONG, polo que doaba á mesma preto de medio millón de euros (case un 35% do total do proxecto, segundo o consistorio). A cidade de Barcelona outorgou á ONG a medalla de ouro ao mérito cívico. Por este motivo, “o Concello poderá reclamar a Salvini os danos patrimoniais causados polo bloqueo do buque”, ademais, segundo explica a alcaldía nun comunicado, deberá repoñer os danos causados á imaxe da cidade polas acusacións que o exministro do Interior fixo entón.