O alcalde de Barcelona, Jaume Collboni, anunciou este domingo que a capital catalá organizará un acto de homenaxe ao debuxante Francisco Ibáñez, falecido este sábado aos 87 anos, no que se lle fará entrega, a título póstumo, da Medalla de Ouro da cidade ao Mérito Cultural. No acto de recoñecemento farase entrega á familia da medalla, concedida por unanimidade no plenario do mes de febreiro do ano pasado, despois de que no seu momento non se lle puidese entregar persoalmente ao debuxante. O alcalde dixo que Ibáñez “era unha persoa moi implicada na vida asociativa e cívica de Barcelona, que estivo a debuxar ata o último momento, expresándose con intelixencia e humor, facendo unha análise social e facendo pensar a tantas xeracións de cataláns e españois que mesmo aprenderon a ler cos seus cómics”.
0